Vedra e Boqueixón máis cerca de ter un centro de día

0

Bisbarra, 27 de xaneiro do 2021 – Os concellos de Vedra e Boqueixón están máis cerca de conseguir un centro de día compartido entre os dous concellos.

Os alcaldes mantiveron unha xuntanza de traballo vía telemática coa Conselleira de Política Social, Fabiola  García. No encontro tratouse, netre outros temas, un proxecto de atención aos maiores e dependentes de ambos os dous concellos no que se incluiría o centro de día.

Vedra e Boqueixón constituíron no 2020 un comité de traballo formado polo alcaldes, ou concelleiro delegado, e os técnicos dos servizos sociais e de urbanismo. Esta comisión estuda a  viabilidade económica, social e xurídica da construción dunha residencia e un centro de día compartidos.

A reunión coa Conselleira serviu para avanzar no proxecto e recabar posibles apoios da administración autonómica. Mentres a comisión segue valorando as distintas problemáticas do proxecto, as vías de solución e as fórmulas de colaboración entre ambos os dous concellos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial