Vedra e Boqueixón unifican forzas nos campamentos de verán

0

Bisbarra, 12 de maio do 2022 – Os concellos de Vedra e Boqueixón presentaron de forma conxunta a campaña de campamentos de verán.

Unha viaxe a Ibiza e dous campamentos na Rías Baixas son algunhas das ofertas para a época estival que ofertarán Vedra e Boqueixón. A axenda Acción Verán 2022 está dirixida a mozos nacidos entre o 2010 e o 2013 nunha primeira quenda, e aos nacidos entre o 2004 e o 2006 nunha segunda.

O primeiro dos campamentos desenvolverase entre o 23 e o 30 de xuño nas Rías Baixas. A segunda será un campamento de verán en Ibiza a realizar entre o 5 e o 12 de xullo.  Os campamentos terán un prezo de 195€ (Rías Baixas) e 275€ (Ibiza).

As prazas serán limitadas, con preferencia para as persoas empadroadas en Vedra e Boqueión. No caso de ser preciso as prazas serán adxudicadas mediante sorteo. O  prazo de inscrición permanecerá aberto do 10 ao 20 de maio a través das páxinas web dos concellos:

– En Vedra www.concellodevedra.gal.

– En Boqueixón www.boqueixon.gal

Tamén se realizará unha viaxe da mocidade a Ibiza entre o 2 e o 9 de agosto, dirixido a maiores de 18 anos (con preferencia a persoas entre os 18 e os 35 anos). Esta viaxe terá un prezo de 295€ para estudantes e persoas en situación de desemprego e 325€ para outros/as situacións e inclúe voo (con facturación e seguro de viaxe), estancia en albergue en réxime de aloxamento e almorzo, unha cea de confraternidade e dúas excursións: Ibiza cidade e unha ruta pola illa.

Ambos concellos poñen a disposición un teléfono de atención e consultas:

– Vedra: 981814691

– Boqueixón: 981513115

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies