Vedra rende homenaxe a José Cajaraville na exposición de fin de curso dos obradoiros de artes

0

Vedra, xuño do 2021 – Un ano máis o concello de Vedra expón os traballos dos obradoiros de artes, pintura e manualidades, que este ano teñen unha especial relevancia por dous motivos moi concretos.

Por unha banda a exposición mostra o esforzo realizado por alumnos e profesores durante o último ano. O apoio decidido do concello de Vedra fixo posible a continuidade de estes cursos mantendo as medidas sanitarias necesarias.

Tanto Delio como Lupe, profesores de pintura e manualidades respectivamente, recoñecen o duro que resultou pero poñen en valor os efectos positivos para os alumnos. Nun contexto de preocupación os obradoiros serviron para afastarse un pouco da realidade e desconectar.

Homenaxe a José Antonio Cajaraville

O segundo motivo é o pasamento hai uns meses de José Antonio Cajaraville. Profesor de didáctica das matemáticas, xubilado da USC hai uns anos, foi un dos alumnos destacados de estes obradoiros.

Do mesmo xeito que Monet se obsesionou coa Catedral de Rouen, Cajaraville fixo o propio coa de Santiago. Pintouna de distintas formas e a distintas horas do día e unha das súas obras rematou en Berlín na casa dun coleccionista.

Esta exposición estará aberta ao público na Casa das Artes, ata o 26 de xuño, nos seguintes horarios:

– Os sábados de 11:30 a 13:00 horas.

– Os luns de 16:30 a 20:00 horas.

– Os ventes de 18: a 20:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial