Ames, 3 de novembro do 2020 – A Asociación de pais e Nais do Colexio de Ventín pechará esta semana un intenso programa sobre igualdade que abarca creatividade, propostas e debate.
Concurso de cabazas
A creatividade pasou por un concurso de cabazas de igualdade para celebrar o Samain. Cun envío de imaxes, que se poden ver aquí, as familias podían participar e ata este mércores votar pola mellor idea.
Ideas de igualdade
A parte máis propositiva do proxecto pasa por un envío de ideas. Que podes face para mellorar na casa, na vila ou na escola? esa é a pregunta que se pode responder enviando as propostas antes do día 5 en este enlace.
Xornadas Igualdade
O peche terá lugar o próximo sábado cunhas Xornadas de Igualdade. Celebraranse en modo online pola crise sanitaria e comezarán as catro e media da tarde.
Contarán coa participación de Isabel Noya González, Secretaria ARELAS; Carmen Dourado Rodríguez, Presidenta Acougo; Fernando Suárez Lorenzo, Presidente CPEIG e Mª Teresa Arufe Vázquez, Directora CIM de Ames.
No transcurso da tarde falarase de igualdade, daranse os nomes dos gañadores do concurso de ideas e das cabazas de Samain, terá lugar unha mesa redonda e presentarase a Xincana pola Igualdade.
A inscrición pode facerse aqui.
Todo o programa está organizado pola ANPA de Ventín e financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade.

dav