Verdegaia rematará o ano cunha nova xornada de deseucaliptización

0

Lousame, 22 de decembro do 2020 – Froxan, en Lousame, acolle de novo este sábado ao colectivo Verdegaia para unha xornada de deseucaliptización.

A chamada “roga San Silvestre” continuará e consolidará os traballos de deseucaliptización levados a cabo na  Área Conservada pola Comunidade de Montes de Froxán.

Desenvolverase de xeito coordinado, nunha extensión ampla que permitirá gardar as distancias persoais. A roga comezará ás 10 da mañá e terá como punto de encontro e inicio dos traballos o Chán de Avelán, tamén coñecido como “As Minas de San Fins”.

Para participar é imprescindíbel estar inscrito como brigadista cubrindo este formulario se non se fixo anteriormente. Hai que avisar de que se irá enviando un correo a info@montescola.org, como moi tarde o 24 de decembro. As prazas estará limitadas e a inscrición será por orde de recepción dos correos.

Sabia para os participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais. Búscase fomentar o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial