Vertedura contaminante no río Deza

0

Vila de Cruces, 12 de xullo do 2021 – A pasada semana o río Deza sufría unha vertedura que deixaba nas augas abundante escuma branca sen que polo momento se soubera a procedencia.

A vertedura soi a segundo nunha semana. Nun primeiro momento atribuíuse a un problema da depuradora lalinense de Botos pero é un extremo non confimado.

Tanto o Psoe como o BNG de Lalín esixiron que se esclareza a orixe da contaminación. Advirten ademais do risco de perda de fondos europeos destinados a mellorar a depuración se non se solucionan estes problemas.

O BNG de Vila de Cruces critica pola súa banda que a única medida do goberno municipal sexa “un comunicado elaborado polo voluntariado de protección civil”. Os nacionalistas alertan de que este tipo de verteduras “ten un prexuízo para a veciñanza que acode á Carixa e outros puntos de baño no río Deza ao seu paso polo noso municipio”.

O Bloque preguntan que medidas se están a tomar e si se pensa informar do posible prexuizos para a saúde dos bañistas. O BNG engade a este problema a “mala xestión, planificación e posta a punto da área recreativa da Carixa. A 9 de Xullo, en pleno verán e xa con afluencia de turistas e visitantes, asistimos incrédulos a como o chiringuito, que sacou a concurso o concello, segue pechado, isto mesmo acontece cos aseos da propia área recreativa”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial