VI Edición do concurso de fotografía A ciencia en imaxe que organiza a USC

0

Compostela, 28 de outubro do 2020 – As Facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química impulsan xunto á Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) a sexta edición do certame de fotografía “A ciencia en imaxe”.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 6 de novembro ás 14.00 horas. O concurso está aberto a calquera persoa pertencente a comunidade universitaria da USC que poderá participar con calquera tema relacionado coas ciencias, a investigación e a divulgación científica.

VI Edición do concurso de fotografía A ciencia en imaxe que organiza a USC

Imaxe: Santi Alvite

Co gallo da celebración da festividade de San Alberte Magno 2020, o certame outorgará 300 euros para a fotografía gañadora e 100 euros, para as fotografías seleccionadas en segundo e terceiro lugar. O xurado resérvase o dereito de asignar ata tres mencións de honra malia que un mesmo participante soamente poderá acadar un premio ou mención. O acto de entrega celebrarse o vindeiro 13 de novembro na Aula Magna de Bioloxía.

Inscrición

Cada participante poderá presentar un máximo de tres imaxes, dixitalizadas e realizadas con calquera equipo, profesional ou afeccionado, incluído o teléfono móbil. A fotografía enviada debe ser orixinal, inédita, e non presentada a concursos. De ser o caso, o autor sería inmediatamente descualificado. A fotografía, que se xuntará nun ficheiro, estará acompañada dun título e un breve comentario ou reflexión do autor/a, de cinco a dez liñas, que se incluirán no rexistro. O arquivo debe estar en formato JPG e ter un tamaño mínimo de 2 MB.

Xurado

O xurado estará composto por un membro de cada centro organizador, un membro da RAGC e un experto en fotografía. Ademais, serán membros do xurado, con voz pero sen voto, o decano da Facultade de Bioloxía, ou a persoa en que delegue, e a secretaria do centro, que actuarán como presidente e secretaria do xurado, respectivamente. O xurado decidirá por maioría as fotografías premiadas segundo os criterios de orixinalidade, estética e adecuación ao tema proposto. Tamén se terá en conta a conciencia social, e a capacidade crítica e comunicativa expresada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial