Vía libre para o orzamento 2022 de Compostela

0

Compostela, 5 de xaneiro do 2021 – Compostela Aberta ven de confirmar que posibilitará a aprobación do orzamento do concello despois de que se incluiran moitas das súas demandas.

O acordo podería incluír ao BNG si a reunión prevista esta semana acada un acordo en ese sentido. Tanto Compostela Aberta como BNG falan da implicación da negociación da concelleira de facenda socialista Marta Abal.

O voceiro do Partido Popular, Alejandro Brunete, mostrouse crítico con este acordo e considera que Compostela Aberta “comeza a recuperar terreo no goberno da cidade”. O concelleiro popular considera que “Marta Abal e outros concelleiros preparan unha confluencia con Compostela Aberta”.

O acordo

Marta Lois explicou que o Goberno incorporará aos Orzamentos de 2022 “algunhas das cuestións que para Compostela Aberta son fundamentais, e que teñen que ver coas políticas sociais, a participación, e unha maneira de entender as obras que se afasta dos grandes investimentos pensados para os turistas e que tén en conta as demandas reais da veciñanza”. Así, a portavoz de CA salientou que

Marta Abal comprometeuse a incorporar nas contas deste ano “unha partida, aínda pendente de concretar, para que o Goberno retome o proxecto de Orzamentos Participativos, que impulsamos desde Compostela Aberta no pasado mandato, e que o PSOE de Santiago non parecía ata agora disposto a recuperar, ao contrario do que viña acontecendo noutras cidades como A Coruña”.

Para Lois, “a inclusión desta proposta é para nós unha boa mostra da vontade da concelleira de Facenda de chegar a acordos co noso grupo, porque é sabido que os Orzamentos Participativos non eran un

instrumento que gozara da simpatía do grupo de goberno, e en particular do alcalde, que seguramente mudará de opinión unha vez comprobe o seu funcionamento no que queda de mandato”.

Outra das cuestións que salientou Marta Lois foi a incorporación nos orzamentos dunha partida para poñer en marcha un programa de “Bonos Corazón” específicos para o barrio de San Pedro. A portavoz de CA lembrou que “esta foi unha demanda que o noso grupo levou xa a Pleno, que agora vai poder saír adiante, e que permitirá compensar ao tecido comercial do barrio de San Pedro, tan duramente golpeado polas consecuencias dunhas obras mal planificadas e mal executadas, tanto por parte do Concello como da Xunta”.

En materia social, a concelleira de Compostela Aberta explicou que o Goberno incluirá nos orzamentos do 2022 unha partida para poñer en marcha un programa piloto para desenvolver un Plan Municipal de Canguraxe, que facilite a conciliación e os coidados. 

En canto aos investimentos, a concelleira de Facenda comprometeu a inclusión nos orzamentos do plan de obras en centros escolares de Infantil e Primaria que Compostela Aberta demandara tanto no Pleno da Corporación como na lista de propostas para as contas de 2021, e que inclúe actuacións en numerosos colexios de Santiago. Ademais, Marta Abal asumiu a incorporación dunha partida, probablemente vinculada a remanentes, para executar a parte da Vía Verde que discorre polo termo municipal de Santiago, e que é o único tramo desta infraestrutura pendente de iniciarse.

Urxencia da aprobación

Marta Lois mostrou o seu desexo de que “os orzamentos sexan levados a Pleno canto antes, porque iso é o que Santiago precisa e é o que vimos demandando desde hai semanas”. “Xa non hai escusas, e pedímoslle ao alcalde que non incumpra a súa palabra dúas veces, porque semella que non haberá Pleno de orzamentos o próximo día 15 e confiamos en que non se incumpra a segunda data de finais de xaneiro”, concluiu a portavoz de CA.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial