VII certame de fotografía Ruth Matilda Anderson

0

Compostela, 18 de agosto do 2021 – A Universidade de Santiago convoca o  VII certame de fotografía Ruth Matilda Anderson co foco posto no no derrubamento dos estereotipos de xénero.

Ata o vindeiro 10 de setembro, a comunidade universitaria da USC, así como antigos alumnos e alumnas, poderán participar na sétima edición do Ruth Matilda Anderson. O concurso ten como obxectivo premiar a creatividade, a innovación e o impacto da imaxe.

A temática de este ano é sacar á luz o labor historicamente invisibilizado que desenvolven as mulleres na sociedade. Búscase deconstruír os estereotipos de xénero no relativo a traballos supostamente propios de mulleres ou homes. Ista é a meta do certame de fotografía Ruth Matilda Anderson que neste 2021 chega á súa sétima edición.

“Coa elección de Ruth Matilda Anderson para dar nome a este certame, lémbrase a unha muller que fixo un traballo importante nun campo tradicionalmente desenvolvido por homes, e a súa destacable obra, na que se inclúe o retrato que Ruth Matilda fixo da muller galega dos anos 20”, explican dende a Oficina de Igualdade de Xénero da USC. O certame está dirixido a alumnado antigo e actual da USC, así como a todo o persoal da institución compostelá.

O formato das imaxes presentadas deberá ser dixital, cunha resolución mínima de 300 ppp, orientación horizontal, e tamaño A3 ou A4. O xurado seleccionará as doce fotografías de maior calidade técnico-artística sempre que se axusten á temática establecida na convocatoria. De entre estas, o xurado escollerá as tres mellores.

O primeiro premio conta cunha dotación económica de 1.000 euros, alén de que esta fotografía sexa a utilizada pola USC, como cartel conmemorativo do Día Internacional das Mulleres no ano 2022. A persoa recoñecida co segundo premio recibirá 800 euros, e a que recolla o terceiro, gañará 500 euros. Ao importe de cada un destes premios aplicaráselle as retencións previstas na vixente lexislación tributaria. Se o xurado o estimase conveniente poderá deixar algún ou todos os premios desertos. Coas doce fotografías finalistas elaborarase un calendario.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial