VIII Nadal Benéfico no concello do Pino

0

O Pino, 23 de novembro do 2021 – O Concello do Pino ten en marcha a oitava edición do Nadal Benéfico para recoller alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene persoal e de limpeza para as familias con menos recursos.

Xogos, baile, taller de maquillaxe e de debuxo no polideportivo de Pedrouzo fixeron gozar a nenas e nenos do Pino durante a Festa de Nadal que rematou cunha grande chocolatada.
FOTO: Alicentis SL

O Nadal Benéfico comezou no 2014 no Concello de O Pino. Unha campaña para que a veciñanza colaborara coas familias do municipio máis vulnerables.  aportando alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene e de limpeza, que se depositaban nun caixón situado na Casa da Cultura. A camapaña dura ata o 31 de xaneiro, aínda que se seguen admitindo en calquera data, e que logo se gardan no almacén municipal para ser distribuídos polos servizos sociais.

A esta campaña de recollida sumáronse o ano pasado os tres supermercados que hai no Pedrouzo, que porán a disposición dos seus clientes un carriño no que deixar os seus donativos. Ademais de produtos de limpeza e hixiene persoal, pódese colaborar con comida enlatada, como fabas, lentellas, garavanzos, froitas en conserva ou potitos para bebés, que tamén serven para as persoas maiores; aceites, latas de conserva, pasta ou aqueles produtos non perecedoiros que sirvan para preparar comida. Tamén compresas, cueiros, xabón, ou calqueira produtos de hixiene.

Festa de Nadal e Quedada tecedora

Dentro da programación para estas datas tan especiais, a concellaría de Cultura ten preparada a terceira Festa de Nadal para a fin de semana do 11 e 12 de decembro nunha carpa que estará instalada na praza do Concello. Pequenos e maiores poderán gozar con xogos tradicionais, manualidades de Nadal, obradoiros de canón de confetti e macramé, globoflexia, e multixogos de realidade virtual, entre outras actividades, que se desenvolverán dende ás catro ata as sete da tarde.

Para repoñer forzas haberá chocolate e moitas sorpresas máis. E para rematar, o sábado 11 o grupo de teatro A Xanela do Maxín ofrecerá  o espectáculo de títeres O apalpador e a nena sen medo a partir das 19.30 horas, na mesma carpa.

O domingo, día 12, a Festa de Nadal do Pino rematará cun Concerto de Panxoliñas que ofrecerá a Agrupación Cultural Espadana Tradicional, e na que non faltarán os gaiteiros. Mentres, na propia carpa da praza do Concello, está convocada unha Quedada Tecedora para os amantes da calceta e do ganchillo. Búscase recuperar e transmitir vellas tradicións. Esta iniciativa tivo un grande éxito na súa primeira convocatoria no 2019 (o ano pasado non se puido celebrar pola pandemia da covid-19).  “Quen non lembra a súa avoa, nai ou tía cun novelo de lá sobre todo nas tardes de inverno?”, pregúntase Eva Varela. Con esta quedada tecedora preténdese favorecer que a veciñanza poida “compartir experiencias e sabedoría sobre o mundo da calceta e do ganchillo”, engade a concelleira.

Papá Noel visita os centros educativos

E coma todos os anos no Pino antes da vacacións de Nadal o alumnado máis novo da escola infantil A Galiña Azul, da unitaria de Gonzar e do CPI Camiño de Santiago recibirán a visita de Papa Noel e poderán trasladarlle as últimas peticións e recordarlle o ben que se portaron o resto do ano.

Concertos de Nadal e comitiva dos Reis Magos

A música ten tamén o seu oco nesta programación de Nadal. O sábado, día 4, Manoele de Felisa ofrecerá na casa de cultura (20.00 horas) o seu ‘Cancioneiro do Camiño’,  un concerto que estaba programado para o verán e que foi suspendido debido á incidencia da covid-19 no municipio. E despois da Noiteboa, a Banda de Música de Arca ofrecerá o seu tradicional Concerto de Nadal. Será o domingo, 26, na casa de cultura.

As festas rematarán o 5 de xaneiro coa visita que a comitiva dos Reis Magos farán a todas as parroquias do Pino, antes de recibir aos nenos e nenas no polideportivo de Reboredo (Arca) a partir das sete e media da tarde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial