Negreira, 26 de abril do 2019 – A Ruta de tapas de Negreira cumpre oito anos este 2019, nunha edición que se celebrará entre os próximos 3 e 6 de maio.
Serán 12 os locais que ofrecerán tapas a 0,50 céntimos, algúns unha única tapa e outros irán variando a oferta do mediodía á noite e do sábado ao domingo. Os hostaleiros esperan a visita dos participantes no seguintes horarios: Venres: 19:00 as 22:30, Sábado: 12:00 14:30 e 19:00 as 22:30 e Domingo: 12:00 14:30.
Os locais e as tapas serán os seguintes
A Nosa Taberna
“Paella” (Venres)
“Xarrete guisado con patacas”(Sábado mediodía) “Bolos de pote con lacón”(Sábado noite) “Callos e aliñas de polo”(Domingo)
La Colombiana
Venres, sábado, domingo “Arepaburguer”
A Esmorga
Venres, sábado, domingo “Si que pode ser” (Churrasco con grelos e broa)
0 Cotón
“Corneto de salmón” (Venres e sábado) “Raxo estilo 0 Cotón” (Domingo) “Mexillóns recheos” (Venres) “Brocheta” (Sábado) “Empanada de millo con sardiñas” (Domingo)
D’Tapas
“MAS Stuffed Eggs” (Venres) “Deli Rolis” (Sábado) “Costilla con patatas fritas” (Domingo)
Fontana
Venres, sábado, domingo “Tapa sorpresa”
Porto
“Hamburguesa con rolo de cabra” (Venres) “Xamón asado en salsa de guarnición” (Sábado) “Fabada Bar Porto” (Domingo) “Empanada caseira” (Domingo)
Os Arcos
Venres, sábado, domingo “Boliños de bacallau con base de alioli e toque de pemento picante da Vera”
Oriel
Venres, sábado, domingo “Polo en salsa de tomate con puré de patacas”
Galaecia
Venres, sábado, domingo “Delicia de tres cores”
Peter Bar Pizzería
Venres, sábado, domingo “Pudin salgado”
Cantos de taberna
Esta edición incorpora a novidade dunha tradición que desde hai tempo vense recuperando en distintos concellos, os cantos de taberna. O sábado 4 de maio os seguintes grupos estarán polo concello coa seguinte programación
Tíralle do Aire estará as oito en A nosa Taberna, as 9 na Casa da Cultura e as dez no Fontana.
Maravallada estará as oito en D’tapas,, as nove en La Colombiana e as dez no Peter Bar.
Os ke hai pasarán as nove e cuarto polo Porto, as dez e cuarto polo Galaecia e as once e cuarto polo Cotón.
Finalmente Regatos estarán as oito nos Arcos, as nove na Esmorga e as dez no Oriel.
Premios para os clientes
Os clientes poderán usar o tapasporte para puntuar as tapas e participar no sorteo dun Bono viaxe e unha peza de artesanía. Só teñen que completalo e depositalo nalgunha das urnas dos locais ata o 7 de maio as dúas da tarde.
O Sorteo celebrarase o día 10 de maio no local gañador.