Piden actuacións urxentes no camiño da Costiña de Vila de Cruces

0

Vila de Cruces, 8 de setembro do 2021 – O BNG de Vila de Cruces reclama unha actuación urxente para o camiño da Costiña en Merza.

Os nacionalistas piden que se realice unha tramitación adecuada que garanta a mellora do camiño de San Paio-A Costiña. Os nacionalistas lembran que o ancheamento de esta zona hai meses que é reclamado polos veciños.

O voceiro do BNG, Alex Fiuza, pide ao goberno municipal que se faga canto antes un proxecto de obra cons informes de valoración técnica necesarios. Hai que valorar o custo da adquisición de terreos e facer os muros de contención nas mesmas circunstancias.

O camiño da Costiñs dá servizo a 20 vivendas, todas elas habitadas e dúas delas en actual proceso de rehabilitación. Según Fiuza o alcalde “vende fume, pois aparenta querer poñer solución abrindo o camiño polo extremo como xa fixo a comezos de ano, mais esta intervención necesita dun proxecto de obra e poñer dacordo a toda a veciñanza afectada”.

O BNG engade que o rexedor, Luís taboada, “a día de hoxe aínda non falou con tódolos propietarios e no Concello non existe proxecto nin expediente de obra”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial