Vínculos de Compostela na Casa do Cabildo

0

Compostela, 21 de outubro do 2020 – A Casa do Cabido acolle a exposición Vínculos de Compostela, unha visión da cidade a través do obxectivo do colectivo Fotoforum Compostela.

Vínculos de Compostela está integrada por un total de 55 fotografías, a través das cales se amosa o proceso de sensibilización patrimonial dos fotógrafos que participan na mesma. Según Fotoforum Compostela a exposición “non se centra no monumental, senón na relación consciente das persoas con espazos, lugares e xentes da cidade”.

Pensando na cidade

Fernando Hernández, Boisaca

Para esta mostra os fotógrafos fixeron unha reflexión previa sobre os distintos espazos, buscaron a súa propia memoria e os seus vínculos para despois plasmalos. Reflíctense vínculos e emocións con parques e cemiterios; con locais comerciais, tabernas e espazos do Ensanche; e co centro histórico.

A exposición tenta compartir co público este traballo de creación interna que cada fotógrafo experimentou ao longo do proceso; por iso, cada unha das pezas vai acompañada dunha cartela explicativa na que se inclúe a súa emoción ao (re)descubrir Compostela, alén dos datos do autor. O resultado guía a construción dun mapa emocional a partir da apropiación simbólica que os fotógrafos realizaron de 53 localizacións emblemáticas de Compostela.

Lila

Á inauguración contou coa presenza do alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo; os promotores da mostra, Fuco Reyes e Belén Castro; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; os voceiros dos grupos municipais do PP, Alejandro Sánchez-Brunete, e do BNG, Goretti Sanmartín; a xerente do Consorcio, Belén Hernández;e o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde ademais de algúns dos fotógrafos que participan na mostra.

A xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández, salientou o feito de que, a través desta iniciativa, “fotógrafos non profesionais da cidade se implicaran en tomar espazos emblemáticos da mesma e darlles outra ollada”. Pola súa parte, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, puxo de manifesto que “as cidades non poden existir sen as persoas, fanas vivas, activas e dinámicas” e convidou ao público a “desfrutar deste magnífico traballo, cargado de sensibilidade”.

Malaika M Rivas

Fotoforum Compostela

A Asociación Cultural Fotoforum Compostela comezou a súa actividade no ano 2011 e desde entón ten acadado una gran repercusión, tanto pola diversidade das actividades que organiza como pola dinamización que esta proposta representa no eido da fotografía, non só na cidade de Santiago senón en toda Galicia. Este proxecto común naceu da iniciativa de Fuco Reyes, fotógrafo compostelán, que percibiu moi axiña a necesidade de fomentar a creación dun foro de intercambio e aprendizaxe neste ámbito.

Horarios da exposición

A exposición poderá visitarse na Casa do Cabido de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas; os luns está pechada ao público. Cando comece o horario de inverno -coincidindo co cambio de hora-, o horario pasará a ser de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas, pechando tamén os luns.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial