Visita do presidente da Deputación coñece en Ames a nanotecnoloxía

0

Ames, 5 de marzo do 2021 – O presidente da Deputación, Valentín González, achegouse a Ames onde visitou a empresa tecnolóxica Nanogap e comprobou a renovación do campo de fútbol de Bertamiráns.

González Formoso mantivo en Ames un encontro coa fundadora e CEO de NANOGAP, Tatiana García, que asistiu por videoconferencia, o fundador e director técnico, Arturo López Quintela, o accionista e asesor técnico da firma, David Buceta, e o director xeral de XesGalicia, Rubén Aguion.

Tecnoloxía pioneira

A compañía, Nanogap naceu como unha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e desnvolve unha nova tecnoloxía única a nivel mundial. Baixo o nome de clústeres cuánticos atómicos, AQCs ( AQCs das siglas en inglés), o proxecto consegue desenvolver partículas subnanométricas que confiren ao produto final dunhas propiedades específicas e únicas.

O campo de aplicación destes AQCs é ilimitado: produción de materiais condutores, antimicrobianos, luminiscentes, así como melloras nos procesos catalíticos na industria química.

Un exemplo de aplicación actual no que a compañía se atopa involucrada é na produción de hidróxeno verde, sendo estas clústeres cuánticos atómicos peza fundamental no proceso de produción, o que permite obter uns rendementos e conversión superiores aos obtidos a partir das tecnoloxías actuais.

Valentín González destacou que se trata dunha empresa “que demostra que é posible apostar pola tecnoloxía creada e desenvolvida desde Galicia nun centro de coñecemento tan activo, referencia dunha tecnoloxía única no mundo”.

Na reunión González Formoso aludiu tamén á orixe da empresa no seo da USC e incidiu na importancia da transferencia de coñecemento desde o ámbito universitario ás empresas para xerar valor engadido e produtos innovadores.

Pola súa banda, Arturo López Quintela, cofundador e director técnico de NANOGAP, destacou o esforzo que está a realizar a empresa, “posto que non hai unha bagaxe anterior que permita facer isto de forma sinxela”. López Quintela incidiu tamén nas aplicacións prácticas da nanoteconoloxia para tratar determinados tipos de enfermidades oncolóxicas ou a produción de hidróxeno, verde, un dos combustibles do futuro. “A nanoteconoloxia é unha das tecnoloxías do futuro. Moitas das cousas nas que estamos traballando aquí estarán implementadas en diversos campos en poucos anos”, afirmou o responsable de NANOGAP.

A compañía dispón de dúas fábricas de produción industrial, en Milladoiro (Ames) e en San Francisco, California (EEUU), cubrindo así a demanda dos seus produtos a nivel mundial.

Campo de fútbol de Bertamiráns

Na súa visita a Ames, Valentín González Formoso tamén se achegou, acompañado do alcalde José Miñones, o concelleiro de Obras e deputado provincial, Blas García, e outros membros da corporación, ata o campo de fútbol de Bertamiráns, completamente renovado grazas á colaboración económica da institución provincial.

O campo foi dotado de terreo de xogo de herba artificial de última xeración, rede de rego, torres de alumeado LED de 16 metros de altura, proteccións permietrais e novo equipamento deportivo para a práctica de fútbol 11 e fútbol 8 cun investimento de 357.383 euros, dos que a Deputación achegou o 80%.

O presidente do ente provincial destacou que a institución fai “especial fincapé en concellos como Ames, que excepcionalmente medran e teñen unha presenza de xuventude importante, o cal require un reforzo de equipamentos deportivos e culturais”, destacou González Formoso.

“É unha obra moi demandada polo propio club que utiliza o campo, así como polos 500 rapaces que estan a empregar os 7 dias da semana os 365 días do ano”, indica o alcalde do municipio, José Miñones. “Un avance que loxicamente esperamos que poida desfrutar toda esa mocidade que temos e que siga medrando no noso concello”, sinala.

Este é só un dos múltiples investimentos realizados pola Deputación na zona deportiva de Bertamiráns, onde ademáis se renovaron coa colaboración da institución provincial os vestiarios do pavillón polideportivo, ao que se dotou tamén de pavimento de madeira; creáronse novas canchas de baloncesto, pádel e squash e un ximnasio.

Miñones tamén agradeceu o apoio provincial a través do Plan Único e no ámbito do emprego, indicándolle a González Formoso que o Concello está “para sacar adiante a liña de subvencións para comerciantes”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial