Visitan o Castro Valente para denunciar o risco dos proxectos eólicos

0

Padrón, 16 de abril do 2021 – Os Deputados do BNG Luís Bará, Iria Carrera e Montse Prado visitaron o Castro Valente para denunciar os riscos dos proxectos de parques eólicos.

O Castro Valente, do que informamos no seu día, está ameazado dobremente xa que estaría afectado non só polos eólicos se non tamén polas liñas de alta tensión.

Os deputados estiveron acompañados por militantes e concelleiros nacionalistas de Padrón, A Estrada, Dodro e Rois, concellos afectados por estes proxectos. Na visita a Castro Valente denunciaron a falta de resposta dos gobernos autonómicos e municipais ás peticións de defensa de estes lugares e de retorno dos beneficios económicos ás zonas afectadas.

A bisbarra de Compostela é das máis afectadas de Galicia por estes proxectos. Parques na comarca de Ordes ( que atinxen a práctica totalidade dos seus concellos, tamén afectados polas liñas de alta tensión), na da Barcala ( A Baña, Negreira) e en Santa Comba,  na do Sar (Padrón, Rois…) e na de Compostela propiamente dita.

Luis Bará resaltou a devastación e o grave impacto que supón a implantación destes parques eólicos, ao igual que as liñas de alta tensión, nestes enclaves únicos con tanta riqueza natural e patrimonial. Tamén remarcou que dende o BNG se seguirá a traballar, tanto no Parlamento Galego como nos Concellos afectados, na esixencia de proxectos xustos, sustentabeis e respetuoso co territorio e coas comunidades locais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial