Vivir sin auga

0

Santa Comba – 10 de setembro do 2021 – A historia de Galicia está chea de conflitos veciñais pero esas diferenzas non deberían nunca impedir que hoxe día alguen teña acceso aos servizos básicos.

O lugar de Grixoa, en Santa Comba, demanda desde hai tempo que o concello conecte as vivendas ao abastecemento municipal de auga. Desde hai décadas hai unha comunidade de propietarios que se nutren dunha traída privada que por distintas roturas deixou de dar servizos sen que a directiva solucionara os problemas. Os afectados teñen todos pozos excepto Blanca, unha muller que desde novembro pasado leva vivindo sen este servizo básico.

Ao mesmo tempo que isto sucedía a directiva embarcouse na construción dunha nova traída. Esta obra derivou nun conflito que derivou nunha denuncia, na anterior lexislatura, contra a actual alcaldesa, María José Pose, tal como contamos no seu día.

A obriga do concello

En xaneiro de este ano, vendo a situación, o Psoe de Santa Comba presenta unha moción para levar auga “de xeito urxente” aos veciños de Grixoa e Arman. A moción é aprobada cos votos favorables de psoe e CxG e as abstencións do Partido Popular. A moción de censura que mudo a alcaldía embarullou todo ata o punto de non chegarse a facer efectivo o acordo, volvendo a poñer na alcaldía á denunciada María José Pose.

Tras toda a historia estan as presuntas presións para que os veciños se conecten á nova traída en construción, previo pago de 2700 €. Tamén está, según algunhas fontes, a relación de persoas da lista da actual alcaldesa cos impulsores da nova traída.

Blanca, a máis prexudicada e en situación crítica, explica que reuniuse coa alcaldesa e sin que esta lle dera solución algunha. Tampouco foi quen de poñer data para cumprir o acordo aprobado en pleno. A comunidade, á que durante os últimos 40 anos levan pagando recibos, non arranxa a traída e dille que pague e se conecte a nova, que aínda non funciona, e ela segue sen auga.

800 metros

Todo isto por 800 metros de tubaxes. esa é a distancia que separa a traída municipal de augas de estas casas. Unha obra menor que mesmo a brigada municipal podería facer e que sen embargo segue esperando.

Tal vez algún día as institucións queden ao marxe dos conflitos particulares e se cumplan os acordos dos plenos en tempos razoables.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial