Volve a pista de xeo a Área Central

0

Compostela, 23 de novembro do 2021 – Área Central comeza campaña de Nadal este venres 26 coa apertura da pista de xeo.

Área Central convida aos visitantes ao “soño do Nadal”, facendo alusión ao espírito coa que se vive esta época do ano. A pista de xeo será o gran atractivo e como gran novidade será sintética e estará situada dentro de propio centro comercial, na esquina amarela.

Un novo formato que permitirá divertirse do mesmo xeito que sobre xeo natural pero aforrando grandes cantidades de auga e enerxía, sendo así unha actividade respectuosa co  medioambiente. Este novo formato permitirá que o usuario evite as  molladuras e, ademais, será moito máis económica que os anos anteriores xa que a súa entrada xeral será de 5 euros.

Desde a súa apertura este venres a partir das 16:45 horas, as entradas á pista de xeo poderán ser máis económicas para todos os clientes que realicen compras superiores a 15 euros no pequeno comercio de Área Central. Por compras superiores a 15 euros, os clientes recibirán un bono que lles permitirá gozar da pista cun 50%, quedando a entrada a un prezo simbólico de 2,50 euros por persoa. Deste xeito, a pista de xeo de Área Central converterase, un ano máis, nun espazo de lecer idóneo para gozar en familia e adaptado a todos os petos.

Un gran número de actividades do Nadal ata principios de xaneiro

A programación de Nadal chegará ata o 9 de xaneiro, día de peche da pista de xeo.. Do 3 ao 23 de decembro poderán coñecer a Papá Noel, que fixará a súa residencia nunha casiña instalada en Área Central para atender as demandas e recibir as cartas de todos os nenos que se acheguen a visitalo. Do mesmo xeito, unha vez pasado o 25 de decembro, os Reis Magos farán acto de presenza na área Central e recibirán aos nenos entre o 2 e o 4 de xaneiro. Tanto para estar con Papá Noel como cos Reis Magos será necesario reservar cita.

Os cativos poderán gozar tamén dos talleres presenciais de  LudoArte, a ludoteca artística de Área Central, mentres os pais dispoñen dunha hora para realizar as súas compras do Nadal. As citas serán os sábados 27 de novembro e 4, 11 e 18 de decembro de 18:00 a 20:00 horas. Todas estas actividades desenvolveranse con reserva previa e prazas limitadas para manter as máximas garantías de seguridade.

Os adultos gozarán tamén da súa propia promoción coa campaña do Nadal de “Rasca e gana”, que repartirá boletos con centos de premios entre os clientes que realicen compras por un valor superior a 5 euros nos establecementos adheridos. Haberá tamén un servizo gratuíto de  empaquetado de agasallos, que estará en funcionamento entre o 3 de decembro e o 5 de xaneiro, e o habitual servizo de aparcadoiro gratuíto por compras superiores a 15 euros. Por último, durante todo o Nadal estará dispoñible en Área Central unha exposición de  Playmobil con diferentes recreacións características destas datas elaboradas con miles de figuras dos famosos bonecos de  click. É un traballo realizado pola delegación galega da asociación de coleccionistas destas figuras,  Aesclick, e que ten tamén un marcado carácter solidario, debido a que durante o percorrido haberá dispoñible unha caixa de correos de doazóns cuxa recadación irá destinada integramente á acción social de  Aesclick para a entrega de xoguetes aos nenos máis desfavorecidos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial