Volve ao debate a piscina cuberta de Santa Marta en Santiago

0

Compostela, 23 de novembro do 2020 – Foi no mes de Maio do 2019 cando na campaña electoral tanto PP como Psoe propuxeron un complexo deportivo para Santa Marta que incluiría unha piscina climatizada.

En xaneiro pasado o pleno municipal de Santiago aprobaba a creación dunha comisión de traballo sobre o proxecto de Santa Marta. Agora Compostela Aberta preguntará no vindeiro pleno que pasos se teñen dado en esa dirección.

O grupo municipal de CA lembra que existe unha alta demanda destas instalacións, porque a natación é un deporte que practican milleiros de persoas en Santiago. No acordo de xaneiro aprobouse a elaboración dunha planificación plurianual para que ao longo deste mandato se desenvolva un novo centro deportivo na zona sur da cidade que incorpore unha piscina.

O acordo contemplaba tamén o impulso dunha comisión de traballo ao respecto na que participarían todos os grupos da corporación e os representantes dos clubs que practican natación en Santiago. Para rematar pedíase que o Concello instara á Deputación e á Xunta a colaborar no financiamento da nova infraestrutura deportiva.

Tal e como explica o concelleiro Xan Duro, “once meses despois dese acordo, descoñecemos que pasos tén dado o Goberno local para darlle cumprimento, e non nos consta que se teña falado con ningún club para a creación da comisión de traballo”. O edil de Compostela Aberta lembra, ademais, que “na sesión de xaneiro a concelleira de Deportes mostrou o seu compromiso absoluto por facer a mellor das piscinas, recollendo as propostas dos clubs, e buscando financiamento tanto público como privado para desenvolver o proxecto”.

Xan Duro urxiu ao Goberno a avanzar no proxecto da piscina de Santa Marta, “porque nos últimos meses evidenciouse aínda máis a necesidade que hai en Santiago dunhas instalacións deste tipo, co peche da piscina de Sar que deixou nunha situación moi complicada aos clubs da cidade que deben convivir na piscina de Santa Isabel, con moitas limitacións para os seus adestramentos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial