Volven as sesións para escolares a Galicreques

0

Compostela, 13 de outubro do 2021 –  O Festival Internacional Galicreques volve este mércores ás sesións para escolares na sede da Fundación SGAE e no Teatro Principal.

Galicreques acolle ademais a a estrea de Moving Compass, que presentará por primeira vez en Galicia a súa obra Tacão, obra que mestura o mimo, a música en directo, a máscara e o teatro físico. A montaxe é unha adaptación do conto ‘Sapatos de Tacão alto’, do autor mozambiqueño Mia Couto.

Mía Couto escribiu a obra adecuada para unha sesión escolar. Presenta a Mawala, un adolescente que está en plena descuberta da súa identidade e deberá enfrontarse ao bullying e as humillacións constantes, xa que a súa forma de ser non encaixa cos patróns establecidos sobre a masculinidade. A obra convida o público maior de doce anos a reflexionar sobre a liberdade na diversidade de xénero. A obra estrearase no Teatro Principal par ao público xeral ás 20.00 h. e terá unha función escolar ás 11.30 h.

Unha hora antes, ás 10.30 h., Fundación SGAE acollerá a outra función escolar da xornada: Diente de leche, da compañía ecuatoriana Titerefue y Titiritainas. A obra, que mestura os monicreques de luva e a luz negra, fálanos do famoso Rato Pérez, que pilota un artefacto voador e ten como misión xuntar os dentes de leite que a cativada deixa baixo as súas almofadas.

Para completar a xornada, ás 18.00 h. Olga Abad presentará na Carpa da Alameda a súa produción A viaxe de Maruxiña, peza de contacontos que trata o tema do xénero e da diversidade dunha maneira moi sinxela, contando a historia dunha osa que é de cor e que vive nunha cidade onde a poboación está conformada por osos e osas brancas.

Galicreques está organizado pola Asociación Barriga Verde co patrocinio de institucións e entidades como a Xunta de Galicia a través da Agadic, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, o Ministerio de Cultura e a Fundación SGAE continúa mañá mércores con catro funcións, dúas delas para público escolar, que se celebrarán no Teatro Principal, na Carpa da Alameda e na Fundación SGAE.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial