Vedra, 13 de novembro do 2020 – Os monicreques de kukas chegan este sábado a Vedra coa historia de Xan Perillán e a Maleta Máxica.
Xán Perillan estará a partir das seis da tarde na Nave da Estación de Santa Cruz de Rivadulla. A actuación de Vedra é de balde e está incluída no Programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Xan Perillán
Xan Perillán é un home con sorte, tocoulle nunha rifa unha viaxe a Pernambuco… Pero onde está Pernambuco? No hemisferio Norte ou no Sur? Cun pouco de maxia e a axuda dos nenos seguro que o pescudará.
Reúne todas as súas cousas e vai meténdoas nunha maleta que non é unha maleta calquera. É unha maleta máxica, xa que todo o que aquí se mete, convértese nun truco de maxia.
Condiciones de seguridade
Para garantir as condicións de seguridade é obrigatorio reservar praza no 981814691 ou no correo electrónico cultura@concellodevedra.com
O aforo será limitado e a actividade estará sometida á normativa preventiva da covid-19.