Xela Arias e Modesto Figueiredo no Día das Letras Galegas de Silleda

0

Silleda, 6 de maio do 2021 – O Concello de Silleda, a través da Concellería de Cultura, vén de programar distintas actividades para conmemorar o Día das Letras ao logo deste mes de maio.

O vindeiro venres día 14, ás 18:00 horas, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Silleda a estrea de “Menú de Refectorio”, o novo espectáculo de Viravolta Títeres. Este espectáculo familiar está baseado en textos da obra O Conde de Lucanor, do Infante Don Juan Manuel e no Decameron de Giovanni Bocaccio.

Concello de Silleda

O sábado 15, tamén no  salón de actos da Casa da Cultura, terá lugar ás 12:00 horas a entrega do premio Modesto R. Figueiredo de narración curta, convocado pola Fundación Pedrón de Ouro este ano ca colaboración do Concello de Silleda. Adolfo Caamaño, gañador desta edición; Antonio Piñeiro e Esteban Brea, que acadaron senllos aceses, recollerán os galardóns neste acto. Tamén terá lugar un recital poético con dúas autoras locais: Sara Villar Aira e Carmen Castro Dapena, que lerán creacións propias ademais de poemas de Xela Arias. A nota musical chegará da man dun cuarteto de corda da Escola Municipal de Música de Silleda.

O mércores 19 a programación continuará para o público máis novo, cunha dobre sesión (en Silleda e na Bandeira) que repasará a vida e obra de Xela Arias a través dun conto ilustrado da man de Polo Correo do Vento, colectivo especializado en actividades para os máis cativos co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.   Baixo o lema “Xela Arias, liberdade, Solidariedade e amor pola lingua”, os integrantes do grupo Enrique Mauricio e Carlos Taboada, ofrecerán dúas funcións na tarde do mércores, unha no Centro Cultural Vista Alegre (17:00 horas) da Bandeira e outra no salón de actos da Casa da Cultura de Silleda ás 18:30 horas.

Debido á situación sociosanitaria para asistir a estas actividades será preciso anotarse previamente, a fin de cumprir cas limitacións de aforo establecidas. As persoas interasadas deben chamar ao 986 580000 (preguntando polo departamento de Cultura).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial