займ срочно

Os Xenerais da Ulla non se renden e haberá Entroido

0

Bisbarra, 14 de febreiro do 2022 – O Entroido Rural Tradicional dos Xenerais da Ulla celebrarase este 2022 con distintos actos nos oito concellos que forman a Asociación.

Na súa web recopilaron as citas que os distintos grupos organizaron. Piden, en calquera caso, que se sigan as redes sociais para ter una información máis actualizada pero presentan unha guía a ter en conta.

Os Xenerais explican que este Entroido celebrarase con forza pero con responsabilidade nos trinta lugares e parroquias dos oito concellos que manteñen a tradición.

Citas con Entroido

O vindeiro 19 de febreiro están previstos atranques en Lamela, en Silleda, e en Reis, en Teo. O de Marrozos en Santiago foi cancelado.

As seguintes citas serán o 26  en A Bandeira, Silleda. Vedra organiza en esta xornada un Atranque infantil de xenerais e correos dentro da programación das XXVI Xornadas arredor da Camelia, será a partir das seis e media da tarde.

 

Reunión en Compostela

O día 27, domingo de Entroido, hai unha cita na parroquia compostelá de O Eixo. No Campo de Santa Lucía a partir das 17.30 hrs. Acto Especial Conxunto, organizado pola Asoc. Xenerais da Ulla de Santiago só en 2022, por mor da pandemia, que reunirá nesta parroquia aos Xenerais de catro das parroquias compostelás con esta tradición: Angrois, Aríns, Marrozos e O Eixo.

Tamén o día 27 haberá Entroido tradicional en Sergude, Boqueixón.

SONY DSC

O sábado de Piñata, o 5 de marzo, poderemos disfrutar do Entroido en San Xián de Sales, en Vedra. Este día Touro converte a habitual Feira do 5 en Feira de Entroido.

O Entroido rematará o Domingo de Piñata, 6 de marzo, en Lestedo, Boqueixón.

Estas citas poden ir mudando ou para engadir novos lugares ou para cancelar algunha así que o mellor seguir aos Xenerais na rede, Facebook , Twitter ou Instagram .

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies