Xornada de Reis na Aldea do Nadal en Codeseda

0

Lalín, 5 de xaneiro do 2022 – A aldea de Codeseda, que acolle o Museo etnográfico Casa do Patrón remata o Nadal cunha xornada especial este xoves, día de Reis.

Desde que o 8 de decembro a Casa do Patrón convertera o lugar de Codeseda na Aldea do Nadal cada fin de semana sucedéronse distintas actividades. Un programa de actividades que rematará este xoves día 6.

Como chegar https://goo.gl/maps/yAmHab1Qo15HLPnQ9

De novo a aldea encherase de actividade a partir das cinco da tarde cos Cantos de Reis a cargo do grupo “Os trasnos de Doade”.

A actuación do grupo Noseque as seis da tarde será o preliminar do acto de remate de Nadal.

As sete terá lugar o apagado da iluminación que mantivo o Nadal en Codeseda ao longo do último mes. Este remate terá o bo sabor dunha chocolatada para todos os presentes.

Un ano máis o Nadal en Codeseda termina mentras a Casa do Patrón prepara xa novas actividades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial