Xornadas de limpeza das covas do Pico Sacro en Boqueixón

0

Boqueixón, 1 de xuño do 2021 – A Federación Galega de Espeleoloxía desenvolverá na fin de semana dúas xornadas de limpeza das covas do Pico Sacro, as única de cuarzo de toda Europa.

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e o presidente da Federación Galega de Espeleoloxía, Francisco Martínez García, presentaron os detalles sobre este traballo na entrada dunha das covas.

Fernández Munín explicou que a intención e mellorar o acceso e o interior das ocovas con vistas a accións futuras

Pola súa banda Francisco Martínez agradeceu a implicación do concello e explicou o traballo a realizar

Como sucedeu en outras ocasións en accións de este tipo non se pode descartar descubrimentos interesantes no transcurso da limpeza

Charla informativa

Coincidindo tamén co Día Mundial do Medio Ambiente e para dar a coñecer o monte sagrado dende esta perspectiva, a Federación Galega de Espeleoloxía organiza unha charla informativa sobre A xeoloxía do Pico Sacro. Terá lugar ás 20.00 horas no Centro de Interpretación do Pico Sacro e será impartida por Marcos Vaqueiro Rodríguez, Doutor Espeleólogo da Federación Galega de Espeleoloxía.

Dende o Concello animan á veciñanza e visitantes a asistir á xornada informativa sobre o Pico Sacro e agardan que a vindeira posta en marcha das visitas guiadas ao interior das covas resulte de gran interese para o público.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial