Xunta e  Igade impulsan o uso do galego en todos os ámbitos

0

Compostela, 23 de novembro do 2020 – O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do IGADI, Daniel González, presentaron ‘O mundo en galego: comprender o global desde aquí’.

O libro ten como obxectivo impulsar o uso do galego en todos os ámbitos. Para a súa edición o IGADE contou coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Valentín García, esquerda, con Daniel González, dereita, na presentación do libro.

Daniel González explicaba a Lindeiros que un dos obxectivos do IGADI, normalizar o galego en todos os ámbitos segue moi vixente

O director do IGADI ten claro que o apoio ao galego debera ser maior e sorprende que grandes empresas non aposten nas campañas de publicidade polo galego cando en realidade presumen de galeguidade

A publicación, que se pode descargar de balde na web do IGADI, conta coa colaboración de, entroutros, 17 analistas e especialistas de recoñecido prestixioso internacional, como Ignacio Ramonet (director de Le Monde Diplomatique en español), Yashmina Shawki (escritora e historiadora especializada en Oriente Próximo) ou Xulio Ríos (director do Observatorio de la Política China, fundador e presidente de Honra do IGADI), así como coa doutros colaboradores históricos como Carlos Teijo, Emilio Martínez Rivas, Serafín Otero, Alfredo Iglesias, David Balsa ou Xavier García e coa de novos referentes como Miriam González, Moncho Iglesias ou Paula Lamoso, que asina un artigo conxunto con Stelios Stavridis.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial