Xunta e Santa Comba en contra do proxecto de Eurobattery

0

Santa Comba, 26 de outubro do 2020 – O proxecto mineiro de Eurobattery na zona de Castriz ten a oposición do concello de Santa Comba e da Xunta de Galicia.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Innovación da Xunta de Galicia enviou un informe ao concello de Santa Comba no que avala documentalmente  a postura do municipio fronte as declaracións de Eurobattery.

A mineira ven asegurando en distintos medios e lugares que ten permisos para a extracción de Níquel, Cobre e Cobalto na Braña da Serra, na zona de Castriz. A Xunta explica no informe remitido, como resposta a solicitude do concello, que “Non consta nesta Xefatura Territorial a relación entre Euro Battery Minerals e as concesións de explotación do coñecido como grupo Mineiro Santa Comba, tampouco consta ningún proxecto nin solicitude de permiso  de investigación solicitado por esta sociedade, nin tampouco consta que sexa esta compañía a que estea realizando labores de investigación”.

Este informe deixa en evidencia a mineira sueca que, nas reunións con inversores, aseguraba ter permisos para comezar a extracción “de inmediato”. O documento aporta tranquilidade ás parroquias de Castriz e Grixoa de Esternande que vían como se publicitaba un proxecto de minería do que non tiñan coñecemento que lles afectaba de xeito directo.

A propia Xunta de Galicia xa denegara o 3 de Xuño de 2019 unha solicitude da sociedade Corcel Minerals SL que pretendía a transmisión ó seu favor dunha parte da concesión “Carmen”, propiedade de Galicia Tin & Tungsten, para a investigación de níquel, cobre e cobalto nunha zona de Castriz que se identifica na páxina web da compañía sueca como “Castriz Prospect”.

A resolución da Xunta non admitía dúbidas “Esta transmisión foi denegada dado que non é posible a transmisión dunha concesión de explotación outorgada para o aproveitamento de mineral volframio e estaño coa finalidade de investigar a existencia dun recurso diferente como son o níquel, cobre e cobalto”.

O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, quixo salientar que o concello “está e estará sempre na defensa do seu territorio e veciños, fronte as mentiras de Euro Battery Minerals e do seu entorno que, amparándose en falsidades, agora manifestas, pretende buscar inversores e facer negocio sen respectar os principios máis básicos da legalidade da minería en Galicia”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial