Xunta e as Fundacións Pondal, Rosalía e Curros rendirán homenaxe aos autores do rexurdimento

0

Compostela, 24 de xaneiro do 2017 – Con motivo do centenario do pasamento de Eduardo Pondal, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xunto coas Fundacións Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e Curros Enríquez, está a impulsar unha homenaxe a estes tres autores do Rexurdimento galego, que se fará en colaboración cos concellos implicados, Ponteceso, Padrón e Celanova.

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo unha reunión de traballo con representantes das mencionadas fundacións e responsables municipais para avanzar nas iniciativas que se van poñer en marcha.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, manterá unha reunión con representantes das fundacións Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e Curros Enríquez. Asistirán tamén o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o alcalde de Padrón. Na sala de xuntas de Educación.
foto xoán crespo
23/01/17

Ademais do conselleiro e dos secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente; á reunión tamén asistiron por parte da Fundación Pondal, o alcalde de Ponteceso e presidente desta entidade, Xosé Lois García, e o membro do padroado, José María Varela; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; e en representación da Fundación Curros Enríquez o alcalde de Celanova e presidente da Fundación, José Luis Ferro, e o técnico de Cultura e secretario da Fundación, Antonio Piñeiro.

Entre as accións máis destacadas, o Goberno galego busca impulsar un itinerario literario do Rexurdimento galego que conecte as figuras de Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e Curros Enríquez, os principais autores deste movemento cultural, político e literario da segunda metade do século XIX en Galicia e que se inaugurou coa publicación, en 1863, de “Cantares Gallegos”.

Esta iniciativa completarase con outras no ámbito parlamentario e no ámbito do Goberno galego, co impulso dun Decreto para a declaración do ano 2017 como Ano Pondal e Ano do Rexurdimento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial