A Xunta de Goberno de Compostela aproba o pago de subvencións a distintas entidades

0

Compostela, 28 de decembro do 2021 – A Xunta de Goberno ordinaria de Santiago aprobou este luns o pagamento, previa xustificación, de subvencións por importe de 330.000 euros.

Trátase de 26 subvencións en base aos convenios asinados coas seguintes entidades: Cámara de Comercio, 75.000 €, Asociación de Dano Cerebral de Compostela (SARELA), 3.000 €; Fundación Andrea de apoyo a los niños con enfermedades de larga duración, 3.000€; Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, 2.000€; Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer (AGADEA), 2.992,89 €; Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA), 3.000 €; Fundación Monte do Gozo, 45.000€; Sociedade Cooperativa Galega Mercado de Abastos de Santiago,10.000 euros; Asociación de empresarios e profesionais centro comercial aberto Compostela Monumental, 31.000 €; Comunidade de Propietarios Centro Comercial Área Central, 30.000 €; Cáritas Diocesana de Santiago, 29.723,33 €; e a Cocina Económica de Santiago, 60.000,00 €.

Tamén se concederon subvencións ás entidades deportivas Federación Española de Luchas Olímpicas y Disciplinas Asociadas e Asociación Special Olympics Galicia por un valor de 8.000 € e 3.500 € respectivamente, e 24.483 € para 12 entidades que contribúen ao fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo LGTBQI e da prevención e loita contra as violencias machistas.

Licenzas

A Xunta de Goberno concedeu ao Arcebispado de Santiago una licenza para rehabilitar o pavillón e o muro de peche do Mosteiro de San Martiño Pinario, cun orzamento de execución material de 797.281,32 €.

Tamén se deu luz verde á licenza para a construcción de 9 vivendas protexidas, 3 unidades de residencial comunitario, 20 prazas de garaxe e 11 rochos na Rúa Estrada, 83. O proxecto, presentado pola Sociedade Cooperativa Gallega, contará cun orzamento de execución material de 560.000 €. Ademais, aprobouse a concesión dunha licenza para instalar un ascensor na Avenida de Lugo 217, cun orzamento de execución material de 66.200 €.

Por urxencia, acordouse prorrogar o contrato de xestión dos expedientes sancionadores por infraccións contra a normativa de tráfico vial urbano e calesquera outras infraccións nos ámbitos de seguridade, mobilidade, medio ambiente e servizos comunitarios do Concello de Santiago de Compostela coa empresa Servicios de Colaboración Integral para o periodo que se extende desde 2 de xaneiro de 2022 ata o 1 de xaneiro de 2024, por una contía total de 1.353.133,32 €.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial