A Xunta licitará na primavera unha nova senda peonil en Tordoia

0

Tordoia,  8 de febreiro do 2021 – A Xunta confirmou nunha reunión telemática cos alcaldes de Tordoia e Trazo a licitación na primavera dunha senda peonil na Tablilla.

A senda peonil construirase na estrada AC-413 e supón un investimento de 120.000 euros. A Xunta está considerando tamén outras medidas de reforzo da seguridade viaria, na recta da Tablilla, como o pintado de liña continúa que impida os adiantamentos ou a mellora da seguridade nos xiros.

500 metros de senda

Para informar de este proxecto a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha reunión telemática co alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, e a alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, na que tamén participou o delegado da Xunta na provincia, Gonzalo Trenor.

Ethel Vázquez detallou que, para mellorar a seguridade viaria e facilitar os desprazamentos a pé dos veciños, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade redactou o proxecto para a construción dun itinerario peonil de aproximadamente 500 metros na estrada AC-413, na entrada ao núcleo da Tablilla desde Ordes.

O obxectivo da actuación, que atende a unha solicitude municipal, é habilitar unha senda peonil en pavimento de formigón, de 2 metros de ancho, a nivel coa estrada, que seguirá o seu trazado en planta e alzado. O proxecto recolle tamén a execución de rede de pluviais para a recollida das augas e a dotación de canalizacións aptas para alumeado e telecomunicacións.

A titular de Infraestruturas e Mobilidade tamén detallou que se están a estudar outras medidas para o reforzo da seguridade viaria e para o calmado de tráfico na recta da Tablilla, na zona onde se sitúa o linde co concello de Cerceda. Concretamente, estase a analizar a viabilidade de reforzar a seguridade dos xiros ou de pintar liña continua para evitar adiantamentos nese treito de cara a reducir sinistros e as súas posibles consecuencias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial