A Xunta de Galicia cambiará o trazado do Camiño Portugués en Ames

0

Ames, 16 de febreiro do 2018 –  A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou aos representantes dos 17 concellos polos que discorre o Camiño Portugués o proxecto de actuacións previstas este ano para mellorar o itinerario.

O proxecto para o Camiño Portugués conta cun investimento superior aos 1,7 millóns euros, que se destinarán a revitalizar, promover e poñer en valor esta ruta xacobea cumprindo así o cronograma previsto polo Plan director do Camiño de Santiago, que avanza en oito liñas estratéxicas simultáneas desde hai máis de dous anos coa vista posta na celebración do Xacobeo 2021.

Ao abeiro deste plan, Turismo de Galicia centra os seus investimentos en diferentes rutas cada ano. Así, e tras ter actuado xa en cinco delas, o Camiño Francés, o Camiño do Norte, o Camiño Primitivo, o Camiño Inglés e o Camiño de Fisterra Muxía -no que se están a executar varios traballos-, Turismo de Galicia dedica este ano ao Camiño Portugués e ao Camiño Portugués da Costa. Nos próximos anos seguirá o mesmo protocolo co resto de itinerarios oficiais existentes para contribuír á súa dinamización.

Cambio de trazado en Ames

No concello de Ames esta previsto a mellorar a seguridade peonil cun cambio no trazado de dito Camiño. Na actualidade, na contorna da rotonda das Galanas, os/as peregrinos/as teñen que cruzar a autoestrada, co conseguinte perigo que supón isto. Deste xeito, a Xunta de Galicia vai a modificar o trazado do itinerario actual para evitar este perigoso punto.

Ademais realizaranse traballos de mantemento, colocación de novas sinais indicativa do itinerario e o pintado dun novo paso de peóns. Ademais, vaise (tal e como se pode observar no mapa que acompaña esta información).

2,5 millóns en ambos itinerarios

A xuntanza mantida esta semana serviu para explicar as características dos traballos que se levarán a cabo en cada un dos termos municipais polos que pasa o Camiño Portugués.

Este itinerario xacobeo, que entra en Galicia por Tui, percorre outros 17 municipios das provincias de Pontevedra e da Coruña. Esta reunión súmase á celebrada a semana pasada en Vigo con representantes de municipios polos que atravesa o Camiño Portugués da Costa, cuxo proxecto de melloras e sinalización supera, nese caso, os 700.000 euros.

En conxunto, o investimento este ano no Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa acada os 2,5 millóns de euros, ao que se engade o disposto para outras iniciativas tanto de dinamización sociocultural como de promoción e divulgación entre os máis novos. Estes traballos suporán un impulso aos concellos polos que atravesan estes itinerarios, que no pasado ano, en conxunto superaron os 66.000 camiñantes, cun incremento de preto do 28% en relación ao ano 2016.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial