Touro, 28 de xullo do 2017 – Son quince edicións xa as que se levan celebrado en Touro do Festival de Bandas, unha cita tradicional cada verán.

Imaxe do festival de Bandas do ano pasado
O Concello de Touro celebrará o próximo domingo, 30 de xullo, o seu XV Festival de Bandas, organizado pola Banda de Música Isabel II de Touro e polo propio Concello.
A cita coas bandas comezará ás 17.30 horas no Campo da Festa de Fonte Díaz, capital do Concello. No programa participan a Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla, que abrirá o concerto. Logo seguirá a Banda de Música de Visantoña e a Banda de Música Isabel II de Touro, que exercerá de anfitriona e pechará o festival.
Cada formación musical ofrecerá un repertorio elixido para esta cita. O Concello convida aos veciños e forasteiros a disfrutar dunha xornada de música na que tamén colaboran a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Bandas de Música.