Yann Gonzalez, o director Kikol Grau e o concerto de Cruhda marcan o día en Curtocircuito

0

Compostela, 8 de outubro do 2021 – A xornada de Curtocircuíto contará hoxe coa presencia do director e guionista francés Yann Gonzalez, protagonista do Foco de esta XVIII edición.

Yann Gonzalez manterá un coloquio co público trala proxección dos seus traballos, Perez, Les Vacances continuent e Un couteau dans le cœur. O pase terá lugar ás 20:15 horas no Teatro Principal.

Chruda

Dentro da sección Longas x Curto, o cineasta Kikol Grau manterá un encontro co público tras a proxección de Las cuatro esquinas de Madrid, o seu documental sobre a historia do punk. O pase terá lugar en NUMAX ás 22:00 horas.

Pola noite, ás 22:00 horas no Salón Teatro, Cruhda presenta un espectáculo xunto á artista visual galega Adataberna e o artista e investigador sonoro, músico electrónico e compositor galego Artur M Puga será o encargado de abrir o concerto.

Hoxe ademais terá lugar a segunda das mesas redondas desta edición, que abordará como a publicidade e o cinema se entremesturan á hora de afrontar a creación audiovisual. En Impacto / xesto: publi, cinema ou cintas de vídeo participarán Cris Trenas e Santos Bacana (Little Spain) xunto a Nacho Villar e Luis Rojo (BRBR FIlms). Un conxunto de xoves que nos últimos tempos destacaron no panorama estatal e internacional polos seus traballos para artistas como C.Tangana, Territoire, Cálido Lehamo, Emelvi y marcas como Pornhub, Volkswagen, PayPal, American Airlines, NBA2K, Fruit Of The Loom, Domino’s ou BestBuy; e que agora enfróntanse a un salto ao mundo do cinema persoal.

A xornada complétase co penúltimo pase da sección oficial Radar, que inclúe a proxección de The Rabbit Hunters (Guy Maddin, Evan Johnson, Galen Johnson); Dead Flash (Bertrand Mandico); Taxidermisez-moi (Marie Losier); e Deus ex Machina (Anssi Kasitonni); a mostra dos traballos dos franceses Jonathan Vinel e Caroline Poggi na sección Púlsar, que manterán un encontro co público trala proxección; e a terceira proxección dos mellores traballos estatais na sección Penínsulas (La mano que canta, de Alex Reynolds e Alma Söderberg; A Minor Figure, de Jamie Weiss e Michael McCanne; e Zerua blu, de Lur Olaizola) con coloquio posterior cos e coas cineastas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial