Zocas e imaxes para un San Martiño moi agardado

0

Teo, 9 de novembro do 2021 . O San Martiño de Teo é unha das feiras máis agardadas da bisbarra e comezou esta pasada fin de semana cunha feiriña para os cativos.

Imaxe da feira do 2015 en TeoEste luns presentábase o proxecto “Olladas do San Martiño” no que tres fotógrafos (o fotoxornalista Óscar Corral en instagram @oscarcorralfoto, Noel Feáns a persoa que está detrás da páxina en instagram @paisaxesgalegas e Charo Lopes en redes @umalopes ) traballaran para mostrar a súa visión da feira. Falamos con María López, concelleira de cultura, para saber un pouco máis do que trae a celebración este ano.

Outra das citas novidosas é unha pequena homenaxe a unha peza pouco valorada pero presente ao longo dos séculos no San Martiño. Nunha feira chea da lama as zocas forman parte da paisaxe. Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía, será a convidada este ano

Rematamos preguntándolle a María López polo que prefire da feira o que é o que máis lle gusta. A resposta é moi clara, o que máis lle gusta é a xente

No seguinte enlace tedes toda a programación da feira

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial